Sunday 05 de May de 2024

Jessica Castelló e Claudia Jensen xunto con Javi Ruiz e Pablo Cardona, parellas ganadoras do UPT A Coruña Open


Castelló e Jensen proclamáronse gañadoras na final ao impoñerse 6-1 e 6-4 a Riera e Araújo mentres que Ruiz e Cardona gañáronlle os tres sets a Leal e García Diestro, con 5-7, 6-4 e 6-2

A Coruña acolleu esta semana o torneo inaugural da primeira edición do circuito profesional Ultimate Padel Tour, no que participaron un total de 128 parellas participantes. A proba enmárcase na aposta do Goberno de Inés Rey polo posicionamento da Coruña como cidade de grandes eventos deportivos.

Jessica Castelló e Claudia Jensen foron as cañadoras da categoría feminina, xunto con JAvi Ruiz e Pablo Cardona na masculina. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, fíxolle entrega do trofeo do A Coruña Open, proba inaugural do novo torneo internacional. Castelló e Jensen proclamáronse gañadoras da proba inaugural ao impoñerse 6-1 e 6-4 a Virginia Riera e Sodía Araújo na final. Ruiz e Cardona gañaron os tres sets contra Javi Leal e José Antonio García Diestro, con 5-7, 6-4 e 6-2 na final.

De maneira paralela á celebración do torneo, o Concello e a Federación Galega de Pádel ofertaron un clínic en Expocoruña ao que acudiron nenos e nenas da cidade, así como deportistas federados, a practicar este deporte xunto a profesionais.